Consultora de Pensiones y Previsión Social

Descarga xa o primeiro boletin informativo de CPPS boletin informativo de CPPS
CPPS - Consultora de Pensiones y Previsión Social - XURÍDICA  1

ÁREA JURÍDICA CPPS

Prestamos o apoio xurídico imprescindible para manterse aboiando e orientar o rumbo en augas de difícil navegabilidade.

Asesoramento xurídico en previsión social complementaria conxuntando a visión poliédrica do resto das áreas, o que posibilita unha identificación das necesidades e a oferta de solución en cada caso particular. Para iso actuamos no deseño regulador, mediante a aplicación normativa que posibilite o funcionamiento ou, no seu caso, a adaptación dos modelos.

Aínda que a nosa vocación é o asesoramento xurídico integral, dada a relevancia da coordinación dos intereses en previsión social e a canalización negociada dos conflitos, non pode descartarse a posible xudicialización das pretensións ou a necesidade de defensa xurídica colectiva ou individual. Achegamos para iso a dirección técnica e representación procesual que se precise.


  • Cobertura xurídica completa: desde a negociación dos acordos colectivos ata o asesoramento na toma de decisión en Comisións de Control ou Xuntas Directivas e de Goberno.
  • Preparación e supervisión de todos os contratos requiridos: de xestión, depósito, con sociedades de investimento, de aseguramento de compromisos, excesos fiscais e responsabilidade civil.
  • Apoio técnico legal ás Áreas de Investimentos, Actuarial e en particular á Área de Gobernanza.
  • Intervención procesual especializada en todas as xurisdicións.
CPPS - Consultora de Pensiones y Previsión Social - XURÍDICA 2 CPPS - Consultora de Pensiones y Previsión Social - XURÍDICA 3 CPPS - Consultora de Pensiones y Previsión Social - XURÍDICA 4
cargar

Política de Cookies
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

Aceptar Más Info