Consultora de Pensiones y Previsión Social

Descarga xa o primeiro boletin informativo de CPPS boletin informativo de CPPS
CPPS - Consultora de Pensiones y Previsión Social - Gobernanza 1, Galego

ÁREA DE GOVERNANZA CPPS

O dicionario da Real Academia Española define Gobernanza como a “Arte ou maneira de gobernar que se propón como obxectivo o logro dun desenvolvemento económico, social e institucional duradeiro, promovendo un san equilibrio entre o Estado, a sociedade civil e o mercado da economía”.

O noso obxectivo é promover a eficacia, transparencia, bo facer e responsabilidade no funcionamento dos instrumentos da previsión social complementaria.


De forma detallada, dentro desta área trataríanse, entre outras, as seguintes materias:

  • Supervisión dos sistemas operativos e funcionais dos instrumentos, mediante o deseño de protocolos e circuítos de funcionamento para a coordinación entre todos os operadores que interveñen neles.
  • Asesoramento integral a Comisións de Control, Xuntas Directivas e de Goberno en orde ao seu óptimo funcionamento: Elaboración de Actas, toma de decisións, execución de acordos.
  • Elaboración de canles e contidos para os sistemas de información.
  • Preparación para unha inmediata interacción coa administración: “Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones” ou a “Dirección General de Tributos”.
  • Execución de políticas de investimento conformes con criterios socialmente responsables.
  • Transparencia informativa. Apoio na elaboración dunha comunicación eficiente e transparente para os propietarios dos patrimonios e todos os axentes implicados en previsión social complementaria.
  • PRI. Apoio técnico para a avaliación continuada do cumprimento dos principios reitores da responsabilidade corporativa en previsión social complementaria.
  • Interacción con outras áreas, como a área de investimentos para identificar que os gastos se corresponden cos derivados dos contratos existentes.
CPPS - Consultora de Pensiones y Previsión Social - Gobernanza 2, Galego CPPS - Consultora de Pensiones y Previsión Social - Gobernanza 3, Galego CPPS - Consultora de Pensiones y Previsión Social - Gobernanza 4, Galego
cargar

Política de Cookies
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

Aceptar Más Info